Este luns 2 de decembro, D. Valentín González Formoso visitou as nosas instalacións para facer entrega dunha furgoneta Peugeot, dentro do "Programa de adqusición e cesión de vehículos ás entidades sen ánimo de lucro da provincia da Coruña, para a mellora dos servizos e programas en materia de servizos sociosanitarios no ano 2024".
O Presidente da RIBS Pai Rubinos, recibiu as chaves deste vehículo que se utilizará na recollida de doazóns de alimentos, que grazas á xenerosidade das distintas institucións, alivian o enorme impacto que tivo o incremento dos custos de alimentación e de usuarios nos nosos orzamentos.
Queremos dar as grazas á Deputación da Coruña, na persoa do seu Presidente, pola xenerosidade e a solidariedade que sempre poñen de manifesto cara á nosa Real Institución.